Brañas folk e a súa historia

Brañas Folk nace no ano 2002, liderado por Manuel Brañas. Este non sería un grupo novel ao uso, pois Manuel é o fundador do grupo Arco da Vella, inesquecíbel no panorama da música galega. Despois de 17 anos, Arco da Vella desfacíase, e Brañas Folk sería tomado como unha continuación deste. Dous anos despois sacaría ao mercado o seu primeiro traballo discográfico, “Camiñante”.

A formación do grupo está integrada polo propio Manuel Brañas (gaita, arpa, zanfona, wistles, requinta, bombarda e chirimía), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Aser Álvarez (batería e tamboril), Guillermo Brañas (acordeón), Eduardo Balvís (baixo), Jose Antonio Blanco (guitarra) e Olga Brañas (Piano, teclados, pandeireta e pandeiro). No ano 2009 producían “Alalá do Cebreiro”, no que colaborarían artistas da talla de Uxía, Sonia Lebedinsky, Pancho Álvarez ou a Coral de Ruada.

Na actualidade, Brañas Folk sigue coa súa vertixinosa viaxe pola cultura galega, presentando o seu último disco, “A Danza das Burgas”, no que colaboraron outros artistas como Guadi Galego, Davide Salvado ou Quim Farinha. Tanto nos seus traballos discográficos coma nos enérxicos directos de Brañas Folk, apostan tanto pola transmisión das nosas pezas tradicionais como pola música de autor.

LIGAZÓNS DE INTERESE

www.branhasfolk.com

Escoita Danza das Burgas aquí