CHARANGA BICOIA

Charanga Bicoia é unha formación que xorde en 2019, composta por unha ampla maioría de músicas mulleres.

Ademais de tocar os grandes éxitos charanguís de toda a vida (Agárrate Saxo, Campanera, Bakalao Salao, etc.), introducimos repertorio non tan coñecido, conectando coas músicas do mundo, como pezas bolivianas ou, por suposto, galegas.

Todas as súas compoñentes teñen unha ampla solvencia no seu instrumento, e iso nótase na grandeza do seu son, forte e ben empastado.

Facemos verbenas, pasarrúas, alboradas, procesións e misas. Para as misas contamos con piano e voces, e segundo dispoñibilidade, con violín e violoncello, xa que ademais moitas de nós somos multiinstrumentistas.

Charanga Bicoia é a charanga que facía falla na verbena galega!

LIGAZÓNS DE INTERESE