Cinema e Música é un proxecto de Olga Brañas, ao que se uniu a fantástica violoncellista Susanna Blanco, nado a raíz dos encargos da Asociación Cultural A Bela Auria. No espectáculo proxéctase unha película clásica de cinema mudo e musicalízase en directo. Ás veces fanse efectos como explotar globos, tocar unha harmónica, axitar cascabeis, dar golpes, tocar o bodhram, etc. É un espectáculo que gusta a toda a familia!

No catálogo temos as seguintes películas:

- O Moderno Sherlock Holmes, de Buster Keaton (1924). Olga Brañas (piano).

- Tempos Modernos, de Charles Chaplin (1936). Susanna Blanco (violoncelo) e Olga Brañas (piano).

- Nosferatu, de F.W. Murnau (1922). Susanna Blanco (violoncello) e Olga Brañas (piano).

 

 

LIGAZÓNS DE INTERESE